Resumen
Este artigo presenta o contexto histórico máis recente (1995-2005) da tradución de textos literarios galegos no espazo británico, á vez que achega unha análise das condicións de tradución e de edición que acompañaron a publicación de cada unha das obras. O obxectivo deste artigo é, dunha banda, destacar a importancia da tradución da nosa literatura cara a outros sistemas coma o británico, na medida en que contribúe a aumentar a autoestima do propio sistema literario e cultural galego. E da outra, abrir novas liñas de investigación para estudos posteriores que afonden no tema.
Título traducido de la contribución | Translations of Galician literature in the UK: current situation and future trends |
---|---|
Idioma original | Gallego |
Páginas (desde-hasta) | 22-37 |
Número de páginas | 16 |
Publicación | Anuario Grial de Estudios Literarios Galegos |
Volumen | 2005 |
Estado | Publicada - dic 2006 |