A representación de Rosalía de Castro no ámbito anglófono: feminismo en tradución

Producción científica: Capítulo de libroCapítuloInvestigaciónrevisión exhaustiva

2 Descargas (Pure)

Resumen

A crítica feminista galega ten desvelado nas últimas décadas como a canonización de Rosalía de Castro no sistema literario galego transmitiu polo xeral unha imaxe da autora acorde ao ideario rexionalista, acalando o seu discurso fondamente transgresor desde o punto de vista do xénero. Ao mesmo tempo, esta crítica vén ofrecendo novas lecturas da produción literaria da autora en clave feminista. Desvela así a existencia dunha Rosalía de Castro poliédrica que conxuga a súa conciencia nacional cunha perspicaz conciencia de xénero para identificar a discriminación que sufrían as mulleres da súa contorna, o que sen dúbida converte á autora galega en toda unha pioneira do feminismo literario occidental.
A partir da (re)lectura feminista destes traballos, o obxectivo deste artigo é ofrecer unha achega á proxección exterior do discurso feminista rosaliano a través da tradución ao inglés dalgunhas das súas obras máis combativas no plano do xénero. Para iso, en primeiro lugar ofrecerei unha contextualización de Rosalía de Castro nas rutas do tráfico literario da tradución de autoras galegas a outros idiomas, e mais especificamente á lingua inglesa. Posteriormente, pondo énfase na tradución das tres obras de prosa rosaliana onde a compoñente feminista é máis explícita –Lieders (1858), La hija del mar (1859) e Las literatas. Carta a Eduarda (1866)–, encetarei unha análise comparativa entre as primeiras traducións a inglés de Daughter of the Sea (1995), Lieders (1996) e Bluestockings (1997) realizadas por Kathleen March na década dos 90 do século XX; a tradución posterior Women Writers dispoñíbel na escolma Selected Poems (2007) de Michael Smith; e finalmente as traducións Child from the Sea, Songs e Literary Women recollidas na escolma The Poetry and Prose of Rosalía de Castro (2010), en edición e tradución de John P. Dever e Aileen Dever. A análise centrarase na compoñente metatextual, e mais concretamente nos metatextos producidos polas tradutoras e tradutores, para esculcar así como lle presentan o feminismo rosaliano á audiencia meta.
Título traducido de la contribuciónRosalía de Castro in the Anglosphere: feminism in translation
Idioma originalGallego
Título de la publicación alojadaRosalía de Castro no século XXI: Unha nova ollada
EditoresRosario Álvarez, Anxo Angueira, María do Cebreiro Rábade, Dolores Vilavedra
Páginas649-666
Número de páginas17
DOI
EstadoPublicada - 2014

Huella

Profundice en los temas de investigación de 'A representación de Rosalía de Castro no ámbito anglófono: feminismo en tradución'. En conjunto forman una huella única.

Citar esto